Volver ao contido

Información tributaria

 

Para obter información tributaria de carácter xeral así como, sobre a confección de modelos de autoliquidación, a Axencia Tributaria de Galicia pon ao dispor dos cidadáns o número de información ao contribuínte 881 955 800, así como os distintos números das Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario da Provincia da Coruña en horario de 9 a 14 horas. Tamén se pode solicitar cita previa de información xeral en www.atriga.gal  e un dos nosos axentes poñerase en contacto co interesado no día e intervalo seleccionado.

Tamén poderá obter abundante información relativa a todos os tributos xestionados por esta Axencia no apartado de Tributos da Comunidade Autónoma

No caso de incidencias informáticas relativas á Oficina Virtual Tributaria ou ao ALISe deberá contactar co Centro Informático Cixtec no teléfono 981 54 13 00 ou http://www.cixtec.gal/atendemos.

Conforme aos artigos 88 e 89 de LXT poderá formular consultas tributarias escritas dirixidas aos órganos da Administración tributaria que teñan atribuída a iniciativa para a elaboración de disposicións na orde tributaria, a súa proposta ou interpretación. O prazo para a contestación a estas consultas é de 6 meses a contar desde a data de presentación.

Se a consulta tributaria escrita versa sobre a aplicación de normas aprobadas pola Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio das súas competencias normativas en materias de tributos cedidos e tributos propios deberá dirixir un escrito á Subdirección Xeral de Análise e Coordinación, Secretaria Xeral e do Patrimonio, da Consellería de Facenda e de Administración Pública. Se a consulta versa sobre unha disposición estatal, deberá remitila á Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Facenda.