Volver ao contido

Información tributaria

 

Para obter información tributaria de carácter xeral así como, sobre a confección de modelos de autoliquidación e tramitación de expedientes, a Axencia Tributaria de Galicia pon ao dispor dos cidadáns os teléfonos de información ao contribuínte das Delegacións da Axencia Tributaria de Galicia ou das Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario da Provincia da Coruña en horario de 9 a 14 horas.

Tamén poderá obter abundante información relativa a todos os tributos xestionados por esta Axencia no apartado de Tributos da Comunidade Autónoma

No caso de incidencias informáticas relativas á Oficina Virtual Tributaria ou ao ALISe deberá contactar co Centro Informático Cixtec no teléfono 981 54 13 00 ou http://www.cixtec.gal/atendemos.

Conforme aos artigos 88 e 89 de LXT poderá formular consultas tributarias escritas dirixidas aos órganos da Administración tributaria que teñan atribuída a iniciativa para a elaboración de disposicións na orde tributaria, a súa proposta ou interpretación. O prazo para a contestación a estas consultas é de 6 meses a contar desde a data de presentación.

Se a consulta tributaria escrita versa sobre a aplicación de normas aprobadas pola Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio das súas competencias normativas en materias de tributos cedidos e tributos propios deberá dirixir un escrito á Subdirección Xeral de Análise e Coordinación, Secretaria Xeral e do Patrimonio, da Consellería de Facenda e de Administración Pública. Se a consulta versa sobre unha disposición estatal, deberá remitila á Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Facenda.