Volver ao contido

A Presidencia

Presentación

  1. A Presidencia da Axencia Tributaria de Galicia correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de facenda.
  2. A persoa titular da Presidencia poderá delegar na persoa titular da Dirección aquelas funcións propias que xulgue oportunas e sexan susceptibles de delegación.
  3. En caso de ausencia, vacante, enfermidade ou outro impedimento legal, a persoa titular da Dirección substituirá a titular da Presidencia.

Competencias:

  1. Exercer a representación institucional e legal da Axencia Tributaria de Galicia.
  2. Subscribir, en nome da entidade que preside e nas materias que sexan competencia da Axencia Tributaria de Galicia, convenios de colaboración con entidades públicas e privadas excluídos da lexislación de contratos do sector público.
  3. Propoñer á Asesoría Xurídica Xeral a interposición de recursos e reclamacións no ámbito de competencias da Axencia Tributaria de Galicia.
  4. As demais competencias e funcións que se lle atribúen no presente estatuto e as que se determinen noutras disposicións de aplicación.