Volver ao contido

Delegacións

Presentación

As delegacións dependen orgánica e funcionalmente da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia.

Todos os órganos e unidades administrativas da Axencia Tributaria de Galicia que limiten o seu ámbito territorial a unha delegación dependerán da persoa titular desta.

As persoas titulares das delegacións serán substituídas, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade, pola persoa que designe a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia.

Para o cumprimento das súas funcións, as delegacións contarán coas seguintes unidades, que realizarán, dentro do ámbito territorial delimitado por orde da consellería competente en materia de facenda, as funcións que para cada unha delas se sinalan a continuación:

  1. Departamento de Información e Asistencia, que exercerá as funcións de xestión tributaria previstas no artigo 117 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, que se lle atribúan mediante orde da consellería competente en materia de facenda.
  2. Departamento de Xestión Tributaria, que exercerá as funcións de xestión tributaria previstas no artigo 117 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, que se lle atribúan mediante orde da consellería competente en materia de facenda.
  3. Departamento de Recadación, que exercerá as funcións en materia de recadación que se prevén na Lei 58/2003, do 17 de decembro, e no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, que se lle atribúan mediante orde da consellería competente en materia de facenda.
  4. Unidades de Inspección Tributaria, que exercerán as funcións de inspección tributaria previstas no artigo 141 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, que se lle atribúan mediante orde da consellería competente en materia de facenda.
  5. Unidades de Valoración Inmobiliaria, ás cales lles corresponden a emisión de ditames e outras actuacións relacionadas coa valoración e recoñecemento de bens, dereitos e actividades de natureza inmobiliaria, así como a confección, conservación e actualización dos censos e rexistros fiscais correspondentes, sen prexuízo das funcións que, de conformidade co disposto no presente decreto, deban entenderse atribuídas a outros órganos ou unidades.

Gráfica da estrutura

Competencias:

  1. O exercicio das competencias da Axencia Tributaria de Galicia desconcentradas pola normativa vixente, de acordo coas instrucións e directrices emitidas pola Dirección e as unidades centrais.
  2. O rexistro, arquivo e custodia de documentos.
  3. A realización das tarefas materiais relacionadas coas funcións encomendadas a calquera outra organización que preste servizos propios da Axencia no seu ámbito territorial.
  4. A emisión de informes sobre as actuacións no seu ámbito territorial.
  5. A xestión de todos os asuntos relativos ao persoal, habilitación, material e réxime interior no seu ámbito territorial.
  6. As demais funcións que lle delegue ou asigne a Dirección.