Volver ao contido

Departamento de Tributos de Xestión Centralizada

Competencias:

  1. As funcións de xestión tributaria previstas no artigo 117 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, que se lle atribúan mediante orde da consellaría competente en materia de facenda.
  2. O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de xestión tributaria no seu ámbito de competencias.
  3. A coordinación, asistencia e control, en colaboración co órgano de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de orzamentos, dos órganos xestores de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como das actuacións e procedementos de xestión e sancionador respecto a estes.
  4. O estudo, deseño e proposta, en colaboración co órgano de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de orzamentos, dos procedementos de aplicación de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  5. O exercicio da potestade sancionadora e, cando así se acorde por resolución da consellería competente en materia de facenda, a asunción dos procedementos de xestión en determinadas taxas e prezos.
  6. A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados da xestión no seu ámbito de competencias.
  7. A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.