Volver ao contido

Área de Recadación

Presentación

Corresponde á Área de Recadación, baixo a dependencia da persoa titular da Dirección e sen prexuízo das funcións que, de conformidade coa normativa vixente, deban entenderse atribuídas a outros órganos ou unidades, as funcións en materia de recadación que se prevén na Lei 58/2003, do 17 de decembro, e no Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, que se lle atribúan mediante orde da consellería competente en materia de facenda, así como as demais que lle encomende a Dirección ou que se lle deleguen.

Gráfica da estrutura

Competencias:

  1. Planificar e coordinar a xestión recadatoria que corresponda á Axencia Tributaria de Galicia, incluída a que derive de convenios, delegacións de competencias ou encomendas de xestión doutras administracións públicas.
  2. A coordinación entre os órganos da Axencia Tributaria de Galicia e demais órganos ou entes da Comunidade Autónoma que desempeñen funcións de xestión recadatoria dos ingresos de dereito público.
  3. A autorización, supervisión e control das contas restrinxidas de recadación, así como o réxime de funcionamento dos ingresos nas entidades colaboradoras e nas entidades que, de ser o caso, presten o servizo de caixa.
  4. A supervisión da actuación dos órganos de recadación.
  5. O estudo e a proposta de convenios con outras administracións públicas que instrumenten a delegación ou encomenda de funcións en materia de recadación.