Volver ao contido

Departamento Central de Recadación

Competencias:

  1. Promover e impulsar a xestión recadatoria no ámbito das súas competencias, exercendo a debida vixilancia para que os procedementos se ultimen con rapidez.
  2. A xestión recadatoria nos dous períodos respecto das débedas das unidades centrais e órganos con sede no concello de Santiago de Compostela.
  3. Ditar providencias de constrinximento respecto das débedas sinaladas no apartado anterior.
  4. A relación coas entidades colaboradoras no ámbito da comunidade autónoma.
  5. Facer o seguimento dos procesos concursais en que compareza a Axencia Tributaria de Galicia.
  6. O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de recadación executiva no ámbito das súas competencias.
  7. A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.