Volver ao contido

Departamento de Inspección Tributaria

Presentación

O Departamento de Inspección Tributaria, que contará con dous inspectores-xefe adxuntos, e que exercerá, entre outras, as seguintes funcións:

Competencias:

  1. As funcións de inspección tributaria previstas no artigo 141 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, sen prexuízo das funcións que, de conformidade co disposto nas leis ou no presente decreto, deban entenderse atribuídas a outros entes, órganos ou unidades.
  2. A análise e proposta dos plans de inspección e de control tributario, así como a proposta de medidas e métodos de actuación para a detección e loita contra a fraude fiscal.
  3. Coordinar as actuacións das unidades de inspección.
  4. O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de inspección tributaria.
  5. A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados das actuacións de inspección tributaria.
  6. A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.