Volver ao contido

Departamento de Auditoría e Calidade

Competencias:

  1. Coordinar a elaboración da proposta de contrato plurianual de acción e do informe xeral anual de actividade.
  2. Supervisar o funcionamento interno da Axencia Tributaria, mediante a inspección das actuacións das unidades centrais, das delegacións e de calquera outra organización que preste servizos propios da Axencia.
  3. O control da eficacia e eficiencia mediante a análise do grao de obtención dos obxectivos fixados no plan de acción anual, en coordinación coa Comisión de Control.
  4. Promover a implantación de programas de calidade e avaliar os resultados obtidos.
  5. A coordinación co centro informático competente, para o desenvolvemento e implementación dos sistemas de análise da información.
  6. A tramitación e seguimento das queixas e suxestións dos cidadáns dirixidas á Axencia Tributaria de Galicia.
  7. Controlar a política de seguridade da información e o cumprimento da normativa en materia de protección de datos, así como os accesos ás bases de datos informáticas propias e externas mediante a realización de auditorías periódicas.
  8. O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar no ámbito das súas competencias.
  9. A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.
  10. Velar polo cumprimento da normativa de transparencia.
  11. Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia.