Volver ao contido

Departamento de Colaboración Social e Administrativa

Competencias:

  1. A tramitación e supervisión dos acordos de colaboración social con outras administracións públicas, con entidades privadas ou con institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais.
  2. A colaboración e o intercambio de datos e información necesarios cos órganos de control e inspección autonómicos e doutras administracións públicas e, en particular, co Consello de Contas, a Inspección de Servizos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, co Consello Superior para a Dirección e Coordinación da Xestión Tributaria e co Consello Territorial para a Dirección e Coordinación da Xestión Tributaria.
  3. Canalizar as relacións entre os órganos da Axencia Tributaria de Galicia e os órganos económico-administrativos e os xuíces e tribunais da orde xurisdicional contencioso-administrativa.
  4. A elaboración de informes para a proposta de interposición de recursos contencioso-administrativos, o seguimento e control en materia de medidas cautelares e de execución de resolucións, autos e sentenzas, canalizando a relación coa Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.
  5. O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar no ámbito das súas competencias.
  6. A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.
  7. A tramitación dos procedementos de revogación e dos procedementos especiais de revisión de actos nulos de pleno dereito e de declaración de lesividade de actos anulables, cando a resolución ou a súa proposta corresponda á Dirección.