Volver ao contido

Novidades

« Atrás

Prazo de presentación de declaracións e autoliquidacións do Imposto de sucesións e doazóns, Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e Imposto sobre o xogo

Prazo de presentación de declaracións e autoliquidacións do Imposto de sucesións e doazóns, Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e Imposto sobre o xogo

A Orde da Consellería de Facenda de 27 de marzo (DOG 61-Bis) establece que, cando o prazo de presentación das declaracións e autoliquidacións relativas ao Imposto sobre sucesións e doazóns, Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e Imposto sobre o xogo, rematara entre o 14 de marzo e a data na que se levante o estado de alarma, dita presentación poderá facerse ata o 30 de xuño de 2020. No caso de que o levantamento do estado de alarma tivera lugar despois do 30 de xuño de 2020, o prazo ampliaríase nun mes contado dende a data do levantamento do citado estado de alarma. Neste último caso, se no mes de vencemento non existe día equivalente ao de finalización do estado de alarma, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.