Volver ao contido

Novidades

« Atrás

NOTA INFORMATIVA SOBRE A ATENCIÓN PRESENCIAL NAS OFICINAS

NOTA INFORMATIVA SOBRE A ATENCIÓN PRESENCIAL NAS OFICINAS (actualizada o 01.07.2020)

01.07.2020

 

  • Dende o luns 18 de maio, retomouse a atención presencial nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia (incluídas oficinas liquidadoras) para determinados trámites con cita previa.

    O calendario de citas abrirase de forma progresiva.

    Nestes intres os trámites para os cales se poderá solicitar cita previa son os de presentación de modelos 600, 620 e 650-651 (o interesado deberá acudir co modelo cuberto, que poderá confeccionar a través da Oficina Virtual Tributaria ou adquirilo nos distintos estancos autorizados a tal efecto no ámbito de cada Delegación da Atriga ou nas Oficinas de Distrito Hipotecario e, no seu caso, coa cota tributaria ingresada nunha entidade colaboradora) e o de solicitar certificado de ausencia de débedas. Para solicitar información dalgún imposto ou de recadación deberá chamar aos teléfonos que se indican na páxina web da Atriga.

 

  • Un mesmo usuario que desexe solicitar dúas citas no mesmo día deberá deixar entre ámbalas dúas, a lo menos, 60 minutos de diferenza.

 

  • O día da cita, non debe presentarse na oficina de atención con máis de 5 minutos de antelación á hora da cita e deberá levar o xustificante da mesma para que o persoal de control de accesos lle permita o acceso ao edificio.

    Deberanse seguir as medidas de protección ás que fai referencia o Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía. Estas medidas son as seguintes:
    • O acceso ás oficinas de atención ao público se realizará de xeito individual.
    • Se nalgún momento as autoridades sanitarias determinan o uso para a poboación, con carácter obrigatorio, de elementos de protección (tales como máscaras ou luvas),os usuarios deberán portar ditos elementos de protección.
    • Deberase manter unha distancia mínima de seguridade de 2 metros cos demais usuarios e co persoal de atención ao público.
    • O tempo de permanencia dos usuarios no interior da oficina non pode superar os 15 minutos.
    • Ao entrar no edificio deberase realizar unha adecuada hixiene das mans, empregando auga e xabón ou unha solución hidroalcohólica.
    • O público visitante non poderá empregar os equipos informáticos, material de oficina ou outros obxectos dos empregados públicos.

 

  1. Cando os prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións e para o ingreso da débeda tributaria autoliquidada dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e sobre sucesións e doazóns, finalicen no período comprendido entre o 14 de marzo e o 31 de outubro de 2020, ditas presentacións amplíanse ata esta última data.
  2. Nos casos anteriores, as persoas interesadas poderán solicitar a prórroga do prazo de presentación do imposto de sucesión prevista no artigo 68 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, aprobado mediante o Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, ata o 30 de setembro de 2020.
  3. Os suxeitos pasivos dos tributos cedidos que gravan o xogo de bingo, de casinos e as apostas deportivas e de competición, poderán cumprir as obrigas tributarias relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e, de ser o caso, ao pagamento da débeda autoliquidada polo xogo realizado desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro do ano 2020, descontando os ingresos correspondentes ao ano 2020 que previamente autoliquidasen. Esta declaración e autoliquidación únicas poderán presentalas no prazo que abrangue desde o 1 ata o 31 de outubro de 2020.
  4. Os prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións e, de ser o caso, para o ingreso da débeda tributaria autoliquidada dos tributos cedidos sobre o xogo que gravan o resto de modalidades de xogo distintas das previstas no número 3, que finalicen no período comprendido entre o 14 de marzo, e o 31 de outubro de 2020, amplíanse ata esta última data.

 

  • Lémbrase ademais que pode confeccionar, pagar e presentar telemáticamente o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, así como o Imposto sobre Sucesións e Doazóns na Oficina Virtual da Atriga.

 

  • A presentación de escritos e solicitudes poderá realizarse na sede electrónica da Xunta de Galicia se conta con certificado dixital ou DNI electrónico indicando o órgano competente para coñecer da súa solicitude.

 

Grazas pola súa colaboración